DIA DA PAZ
(“Nunca é tarde de máis para buscar un mundo mellor e máis novo
se no esforzo poñemos coraxe e esperanza”).
Alfred Tennyson 1809-1892
I HAVE A DREAM
Soñar con
paxaros de ás transparentes
con noites
de estrelas,
de mans
limpas, de berros de silencio,
coa música
pura da harmonía do aire.
Soñar cun
mundo en paz,
non máis
guerras,
nin sangue
alimentando a terra murcha,
secando o
futuro e a esperanza,
apreixando
soños fuxidíos.
Fóra
liortas, fóra miseria,
non máis
intereses capitalistas segando vidas,
Non máis
mísiles, nin bombas.
Que unha
nova Grándola amañeza caraveis de
fraternidade
para un tempo novo.
¡Destruamos
tódalas armas!
En prol da PAZ.