miércoles, 25 de marzo de 2015

O PELIQUEIRO


Foto de Aser Rodríguez.


PELIQUEIRO

(“El peliqueiro es un personaje sagrado
en el cual  aparecen elementos representativos
del clero romano y de las divinidades celtas”). 
 Antonio-Augusto Diéguez Añel  “Támega”-1993



Xorde coma o lóstrego na noite,
rachando coma un trono o silencio.
Ferve o sangue dos lazanos
ó escoitar  o ruxir do peliqueiro.

Bravo, coma un deus pagán,
fermoso coma os luceiros,
polas súas veas flúe
o orgullo dos devanceiros.

Nada o acovarda nunca,
nin a neve nos lameiros,
nin os soldados de Franco,
nin os apócrifos modernos.

O peliqueiro é máis
 có traxe e có feitío.
É a nosa tradición,
o emblema dos lazanos,
que legan de pais a fillos,
os máis sagrados arcanos.

O que se leva no sangue,
mamándoo dende o berce,
non esmorece cos anos,
non se humilla nin se esquece.

Dende a noite dos tempos,
sempre houbo peliqueiros,
 facendo soar os chocos ,
estremecendo os vieiros.

Aínda que non quedara,
pedra sobre pedra en Laza,
sempre haberá peliqueiros
             ¡¡Peliqueiros de pura raza  !!! 
                                                     ©Carmen Rivero Gallego