A LINGUA GALEGA
(O xenio máis íntimo de cada pobo,
a súa alma
profunda, está sobre todo na lingua."
Henrich Heine)
A nosa lingua , herdo de séculos de historia
é unha femia que resiste ,
forte e dura,
sobrevivindo aos embates salvaxes da vida,
forxada a forza de golpes ,
de fame e de
penurias,
por mor de bocas pechadas polos señoritos;
miradas de esguello.
Desprezo...¡Pailáns!
Nunca silenciada nas casas dos labregos,
nas verbas dos mariñeiros nin na memoria dos emigrantes,
por máis que
séculos negros se cinguiran sobre ela.
O pobo humilde e
chan gardou celoso a alfaia
Aferrollando o tesouro
O tesouro da nosa fala,
aínda que a moda
fora falar outra estraña.
Deixoulla en herdo
ensinándolla aos fillos,
como se ensina aquilo que moito se ama.
A nosa lingua,
foi a guía do
arado escachando terras bravas,
o berro que lanzou as redes
para loitar coa marusía e traer comida a casa.
Fuxiu, ferida, polos montes desta terra,
perseguida pola falanxe,
pola opresión e a miseria.
Camiñou de noite nas alforxas do contrabando.
Foi a alma do pobo
nas lareiras,
nos fiadeiros das
casas,
nos muíños e nas eiras;
Nas cantigas das festas
e fermosas romarías.
Nas segas do pan,
nas mallas,
sementeiras e vendimas.
Traspasou moitas fronteiras nas maletas dos galegos,
Pero volveu viva ao pobo
con cariño e esperanza.
A nosa lingua fermosa non é unha meretriz,
niné moeda de cambio.
A nosa lingua fermosa non é unha meretriz,
niné moeda de cambio.
Se queremos que brille sempre
e non se apague a
súa chama
ensinémoslla aos cativiños,
orgullosos do que somos:
¡Galegos en corpo e alma!
Para que non morra de tristura
ao non sentirse querida, nin digna de ser herdada.
A nosa lingua fermosa é un lábaro de
esperanza,
para sobrevivir como pobo...
É a nosa esencia máis clara.
É a nosa esencia máis clara.
© Carmen Rivero Gallego.
Himno do antigo Reino de Galicia