miércoles, 19 de noviembre de 2014

EDUCAR






Educar é o mesmo
que poñerlle motor a unha barca...
hai que medir, pesar, equilibrar...
e poñer todo en marcha.
Para iso,
un ten que levar na alma
un pouco de mariño...
un pouco de pirata...
un pouco de poeta...
e un quilo e medio de paciencia
concentrada.
Pero é consolador soñar
mentres un traballa,
que ese barco, ese neno
irá moi lonxe pola auga.
Soñar que ese navío
levará a nosa carga de palabras
cara aos portos distantes,
cara a illas afastadas.
Soñar que cando un día
estea a durmir a nosa propia barca,
en barcos novos seguirá
a nosa bandeira
enarborada.


Gabriel Celaya

Tradución de Carmen Rivero.