lunes, 18 de febrero de 2013

O LEGADO CELTA EN GALICIA

Unha ambiciosa produción   da  RTVE que nos amosa  a singular cultura dos  castros galegos, aborda a historia do noroeste da península ibérica dende a época megalítica ata a romanización da cultura castrexa.


Video da RTVE


Un torques,  é un colar ríxido e redondo, que está aberto na parte anterior, como unha ferradura circular.  Esta alfaia era o adorno de nobres, guerreiros, druídas e outros personaxes sobresaíntes da sociedade  a cal levaban arredor do colo.   Tipicamente as dúas puntas do torque presentaban ornamentos esculpidos con esferas ou formas zoomórficas, e ás veces  figuras humanas . a súa lixeireza e flexibilidade permitía que puidesen ser abertos e retirarse do colo facilmente .Eran grandes, pesados e tan aparatosamente decorados que quedaban reservados para ritos cerimoniais. Neste sentido podemos destacar un torques depositado no Museo de Lugode 1812 gramos de peso
Existían   tamén pulseiras  con esta  forma. Os torques eran feitos de cordas de metal entrelazado, normalmente ouro, bronce ou cobre, e en algúns casos  de prata.
É importante notar que debido a que "torc" significa en irlandés antigo "xabaril " similar ao galo "torcos", pódese establecer unha relación co valor sagrado do animal na mitoloxía celta. 


Pero o obxecto de xoiaría máis popular entre os celtas foi a fíbula, que levaban tanto homes coma mulleres, e que era á vez un medio práctico de suxeitar a roupa e un talismán máxico. O valor destasfíbulas dependía da súa decoración, que en ocasións incluía incrustacións de esmaltes e pedras preciosas.

Os celtas produciron ademais gran variedade de obxectos ornamentais de ouro, como brazaletes, pendentes ou arracadas, pulseiras e aros para os nocellos. O artista celta tamén elaboraba outras pezas profusamente decoradas, como peches, fibelas, amuletos, aros para cinto e outros obxectos relacionados coa vestimenta e a xoiaría, como peites e espellos.

Os espellos estaban gravados na súa cara posterior con delicadeza